‘A nova «cadea de valor» da edición’, en CulturaGalega.org

Onte saíu publicada a nova entrega da miña columna «Entre as viñetas», en CulturaGalega.org, e nela volvín de novo co tema da edición e o libro dixital. Supoño que moitos lectores considerarán unha praga todos estes artigos sobre un tema que hoxe por hoxe parece absolutamente minoritario, cando non unha excentricidade; porén, non está de máis lembrar que (por algo será) é o que trae de cabeza a editoriais grandes e pequenas nos últimos tempos —e, por exemplo, hoxe descubro que desde a plataforma para o libro electrónico creada polos grandes grupos editoriais españois anuncian un 20% de dereitos de autor para a edición dixital, o que xa é un avance, aínda que seguro que tímido—. Malia que miremos cara a outro lado, todo está a cambiar a un ritmo frenético, e hai que dicir que precisamente os autores, por propio interese, non poden manterse á marxe do asunto como se a cousa non fose con eles.
A columna —que a todo isto fai a número 30— pode lerse aquí; e se a alguén lle interesan as anteriores, pode consultalas todas nestoutra ligazón.

Comentarios