‘Compartir lecturas’ en CulturaGalega.org

Moito choio e pouco tempo nestas últimas semanas para comentar acerca das XXII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que se desenvolveron na primeira quincena de outubro (coa edición do número 17 do seu Fanzine, hoxe por hoxe a publicación galega máis lonxeva dedicada á BD, se ninguén o remedia), nin do Club de Lectura de Banda Deseñada que estou a coordinar na Biblioteca Nodal da Coruña. Da experiencia que está a supor este club de lectura parte a nova entrega da miña columna «Entre as viñetas» en CulturaGalega.org, titulada nesta ocasión «Compartir lecturas», e que pode lerse aquí.

Comentarios