‘Editar en tempos de mudanzas’, nova columna en CulturaGalega.org

Había xa demasiado tempo que non actualizaba o blog —nos parámetros temporais da internet, unha eternidade—, e hoxe é un día inmellorábel para facelo, dado que apareceu a miña nova columna de opinión en CulturaGalega.org, que pode lerse aquí. 

Continúo nela co tema da edición, analizando brevemente como está a funcionar o mercado do libro, cunhas políticas que sen esaxerar poderiamos cualificar de suicidas. Creo que quen teña estado en contacto co mundo das editoriais coincidirá comigo en que, fronte a toda a parte tan apaixonante de crear un libro, que depende dos autores, pero tamén dos editores (entendidos non só como elemento empresarial senón como equipo creativo: coordinación, revisión, deseño...), está a parte frustrante da súa distribución (que non é culpa só das distribuidoras, senón de todos os que interveñen no proceso, especialmente os grandes grupos editoriais e as súas maquinarias): tanto é así que moitos libros morren case sen poderen nacer, a pesar do esforzo investido neles. Isto, naturalmente, tamén ocorre coa banda deseñada.

Por se a alguén lle interesa, todas as miñas columnas anteriores poden lerse nesta ligazón.

Comentarios