Copyrights @ Journal 2014 - Designed By Templateism - SEO Plugin by MyBloggerLab

19/10/11

, ,

‘En positivo’, en CulturaGalega.org

Share
A miña columna de hoxe para CulturaGalega.org, baixo o título En positivo, afonda na temática iniciada na anterior entrega: os novos tempos da BD galega —en xeral, tan bos, a pesar de que a crise e os recortes dean algúns desgustos— traen tamén consigo a necesidade de revisión de moitas prácticas e inercias adquiridas co tempo. Algo no que tamén incidín no artigo que fixen para o recente número 18 d’O Fanzine das Xornadas —a miña única colaboración este ano, xa que é primeiro número que non coordinei—, en que reflexionaba sobre o momento de mudanzas polo cal pasan as propias Xornadas, que este ano estiveron a piques de desaparecer (e que, no entanto, parecen ter agora visos de novos pulos mediante un novo proxecto presentado o pasado día 7). O artigo d’O Fanzine pode lerse aquí, nas páxinas 4 e 5 (PDF, 5,29 Mb).

Pola súa parte, desde aquí pode accederse ás anteriores columnas da sección «Entre as viñetas».

2 comentarios:

Ollo de Vidro dixo...

Estou moi de acordo co que dis na columna. No mundiño téndese ás veces a reaccionar con demasiada visceralidade e vitimismo (penso no affaire Molina Foix, por exemplo), actitudes que resultarían estrañas noutros medios precisamente porque a súa respectabilidade non está en cuestión. As respostas sosegadas e as actitudes positivas contribúen, coido eu, a deixar fóra do debate cuestións como a respectabilidade cultural da BD.

Henrique Torreiro dixo...

Si, precisamente o caso Molina Foix é talvez do máis extremo a que se ten chegado, e non deixou en absoluto en bo lugar os afeccionados á BD (e iso que bastaba con non dicir nada para que o escritor quedase na máis absoluta das evidencias polo seu artigo). Claro que neste caso o que vimos foi o resultado de unir o espírito de «gueto» reinante no mundo do cómic até hai ben pouco co «poder de actuación» da Internet, que pode sacar cousas moi boas mais tamén reduplicar todo o mao... Por sorte, como digo, todo isto está cambiando, ou polo menos esa é a miña percepción. Graciñas polo comentario!