Copyrights @ Journal 2014 - Designed By Templateism - SEO Plugin by MyBloggerLab

11/04/12

, , ,

‘A Historia e as fontes gráficas’, en CulturaGalega.org

A semana pasada publicouse a miña nova columna da sección «Entre as viñetas», co título de A Historia e as fontes gráficas. O artigo veu motivado, como queda claro, pola visita á exposición As orixes do cómic en Galicia —o que, de paso, supuña a miña primeira vez na Cidade da Cultura, tema que deixaremos para outro día—. Ao non existir un catálogo da mostra, o acceso a algunhas das páxinas faise complicado (os audiovisuais propostos non son o camiño máis axeitado). Non obstante, abrir un estudo tan importante ao público xeral é un paso moi notorio, que, como comento no artigo, abre tamén as perspectivas sobre a nosa Historia, de modo semellante ao que indicaba hai un tempo con respecto ás Cantigas de santa María.