Copyrights @ Journal 2014 - Designed By Templateism - SEO Plugin by MyBloggerLab

13/08/12

, ,

‘Tão perto, tão longe’, en CulturaGalega.org

O xoves pasado publicouse a miña nova columna «Entre as viñetas» en CulturaGalega.org. Estes días estiven a coordinar no centro Ágora un taller sobre cómic experimental —inspirado nas experiencias desenvolvidas polo Lab·Ou—, e esa é a razón de esta entrada chegar cun chisco de atraso.
O artigo, «Tão perto, tão longe», fala sobre a relación entre a BD galega e a portuguesa, e de como hai que seguir a facer esforzos por fomentala. Todo vén ao caso pola miña recente lectura do estupendo O Amor Infinito que te Tenho e Outras Histórias (Edições Polvo), de Paulo Monteiro, que aproveito para recomendar.

19/07/12

, ,

BD galega en ‘Agpirina’














O novo número da revista Agpirina («Boletín informativo e vitaminante da AGPI»), que me encarguei de coordinar, contén un artigo-entrevista que preparei sobre a banda deseñada galega na actualidade, con declaracións de tres dos autores máis renomeados: José Domingo, David Rubín e Jacobo Fernández; o número completo pode descargarse en PDF aquí (968 Kb), e as páxinas concretas do artigo, aquí (375 Kb).

12/07/12

, ,

«La ilustración ante la era digital»

La aparición del Nuevo libro blanco de la ilustración gráfica en España coincide con el final de mi etapa al frente de la gerencia de FADIP (aunque seguiré colaborando con la Federación y con la AGPI). Cuatro años que han dado para mucho, aunque por desgracia han coincidido con el comienzo de esta crisis que todo lo invade y que ya incidió antes incluso de manifestarse como tal en varios de los sectores relacionados con la ilustración (como la publicidad y los medios de comunicación). El año pasado participé —aunque tuvo que ser virtualmente, por cuestiones personales— en las Jornades d’Il·lustració Gràfica que organizaron APIV y la Universitat Politècnica de València en el MuVIM, con una ponencia titulada «La ilustración ante la era digital». A pesar de que se trató de una intervención a título personal y no institucional, creo que resume el espíritu de la lucha que se está llevando a cabo desde el sector, y de alguna manera explica parte de mi trabajo durante estos años. Con permiso del coordinador, Paco Giménez, me adelanto a la publicación de las actas de las jornadas y ofrezco aquí el texto de mi intervención, que puede acompañarse, si se desea, de la presentación preparada para la ocasión (que puede verse a continuación, o descargarse aquí).



Tamén preparei unha versión en galego para unha das Tertulias AGPI (o que non teño é unha versión en galego do texto) e  pode descargarse desde estoutra ligazón.

Here you can find the English version of the visual presentation called ‘Illustration in the Face of the Digital Era’, that I prepared for the board of the European Illustrators Forum — unfortunately, there is no translation of the corresponding lecture text.


Licenza de Creative Commons
La ilustración ante la era digital, por Henrique Torreiro, está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.

06/06/12

, ,

‘Mudanzas sociolóxicas’ en CulturaGalega.org

O artigo de hoxe en «Entre as viñetas» —a miña columna en CulturaGalega.org— titúlase Mudanzas sociolóxicas, e volve insistir nun tema que quizá nos poida pasar desapercibido aos que levamos tempo no mundo da banda deseñada: o brutal cambio de mentalidades producido no noso contorno a favor dos cómics. Isto implica unha maior complexidade de gustos, temáticas e focaxes, e quizá os que nos dedicamos á promoción da BD non sexamos de todo conscientes de como os modos de achegar o cómic á sociedade son xa distintos dos de, poñamos, hai tan só cinco anos. Así de rápidos van os ritmos. Entre o que reflicte este vídeo dos arquivos de RTVE, relativo ao terceiro Saló del Còmic de Barcelona (1983), e algún momento a mediados da pasada década o cambio social foi minúsculo comparado co que se vén producindo deste entón. Esa actitude didáctica que se ve no vídeo —reforzada por se tratar dun programa dirixido a público xuvenil, e pola forma de nos relacionar cos medios de comunicación, que tamén mudou un mundo— nas intervencións de Antonio Martín (a partir do minuto 2:50) ou Joan Navarro (a partir do 23:50) viñemos manténdoa (con adaptacións, pero coa mesma esencia de discurso) até hai nada. Hoxe temos que lembrar que a moito do público obxectivo xa non hai que convencelo de que ler cómic non é algo mao; como dicía hai uns meses, xa non hai que estar á defensiva. O problema é que moitas ferramentas das que facemos uso aínda teñen eses esquemas, e por exemplo hai xente que encontra en Entender el cómic moitos argumentos que parecen procedentes dun complexo de inferioridade, cando no seu momento tiñan todo o seu sentido.

11/04/12

, , ,

‘A Historia e as fontes gráficas’, en CulturaGalega.org

A semana pasada publicouse a miña nova columna da sección «Entre as viñetas», co título de A Historia e as fontes gráficas. O artigo veu motivado, como queda claro, pola visita á exposición As orixes do cómic en Galicia —o que, de paso, supuña a miña primeira vez na Cidade da Cultura, tema que deixaremos para outro día—. Ao non existir un catálogo da mostra, o acceso a algunhas das páxinas faise complicado (os audiovisuais propostos non son o camiño máis axeitado). Non obstante, abrir un estudo tan importante ao público xeral é un paso moi notorio, que, como comento no artigo, abre tamén as perspectivas sobre a nosa Historia, de modo semellante ao que indicaba hai un tempo con respecto ás Cantigas de santa María.